Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, do Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur, así como a compatibilidade do Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur coas actuacións mineiras previstas na solicitude de concesión derivada do permiso de investigación Togiza 5531.2. (Expediente 063/EOL).

Examinado o expediente instruído por instancia de Acciona Eólica de Galicia, S.A. con domicilio para efectos de notificacións no parque empresarial La Moraleja, avda. de Europa nº 18, 28108 Alcobendas, Madrid, sobre autorización de instalacións e utilidade pública do parque eólico denominado Álabe-Montemaior Sur; resultan os seguintes.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 4 de outubro de 2000, Juan Antonio Alonso Comerma, en nome e representación de Acciona Eólica de Galicia, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica, declaración de utilidade pública en concreto e aprobación do proxecto sectorial do parque eólico denominado Álabe-Montemaior Sur, de 18 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, abastecemento e procedementos de autorización de instalacións de enerxía

eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; decretos 2167/1966 e 2619/1966, xa mencionados, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 23 de xaneiro de 2001, publicada no xornal El Progreso, do 27 de xaneiro, no BOP de Lugo, do 1 de febreiro, Boletín Oficial do Estado, do 1 de febreiro, xornal La Voz de Galicia, do 3 de febreiro, no DOG, do 5 de febreiro e no taboleiro de anuncios do concello de Abadín e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Durante o período de información pública Manuel Fernández Blanco, en representación de Cubertas de Pizarra Reunidas e Agrupadas en Exportación, S.A. (Cupire-Padesa) alega o seguinte:

a) Oponse á autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións do parque que afecten ó permiso de investigación Tojiza nº 5.531 do que é cotitular xunto coa empresa Revestimientos Naturales, S.L.

b) Indica que debe efectuarse polos organismos afectados e dependentes da consellería, un estudio técnico que determine o risco que se podería ocasionar pola instalación do parque no lugar proposto se non se respectasen as distancias áticas respecto á zoa de investigación e posterior explotación mineira.

c) No caso de que se concedese a declaración de utilidade pública, denéguese a urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, seguíndose o procedemento xeral da Lei de expropiación forzosa, así como a inclusión do permiso de investigación na relación de bens e titulares afectados.

Terceiro.-O 23 de agosto de 2001 o promotor presentou escrito na Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio de Lugo solicitando a modificación do proxecto do citado parque eólico, reformando o sistema de recollida de enerxía eléctrica de media tensión, eliminando os centros de media tensión e reducindo as afeccións ás propiedades nas que se asentaban, modificándose con iso o orzamento de investimento previsto ó novo importe de 14.411.631,96 euros.

Cuarto.-O 8 de outubro de 2001 Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto e o seu modificado parcial.

Quinto.-O 26 de agosto de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu for

mula-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, no que se fixan as 17 posicións dos 24 aeroxeradores proxectados. A eliminación dos sete aeroxeneradores debese á súa incompatibilidade coa conservación do patrimonio cultural da zoa.

Sexto.-O expediente incluíuse de forma automática dentro do conxunto de solicitudes presentadas á primeira convocatoria anual do artigo 15 do Decreto 302/2001. Pola resolución do 3 de marzo de 2003 desta consellería acordouse que proseguise a tramitación administrativa de autorización deste parque eólico.

Sétimo.-Con data 21 de maio de 2003, ábrese por parte da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, período de presentación de alegacións, en cumprimento do trámite de audiencia previsto no artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, co obxecto de determina-la compatibilidade ou incompatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Álabe-Montemaior Sur coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado. As partes presentaron durante o prazo establecido para o efecto as alegacións e xustificacións que estimaron pertinentes.

Oitavo.-O 12 de xuño de 2003, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos, aproba-lo correspondente proxecto de execución e recoñecer a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto, coas características básicas seguintes:

Localización e coordenadas poligonais:

Vértices

NomeMunicipioXY

Álabe-Montemaior SurAbadín (Lugo)0.622.179,004.811.220,00

0.622.169,004.811.124,00

0.622.570,004.810.694,00

0.622.505,004.810.207,00

0.621.805,004.810.415,00

0.621.765,004.810.845,00

0.620.850,004.811.055,00

0.620.805,004.810.350,00

0.620.490,004.810.377,00

0.620.495,004.810.755,00

0.619.305,004.810.865,00

0.619.305,004.811.320,00

0.620.495,004.811.275,00

0.620.590,004.811.580,00

0.619.380,004.812.000,00

0.620.465,004.812.000,00

0.620.890,004.811.530,00

Nº de aeroxeradores: 24.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Xeradores: NEG-MICON NM750/44 e NM750/48.

Potencia total instalada: 18 MW.

Producción anual estimada: 47.209 MWh/ano.

Investimento previsto: 14.411.631,96 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-24 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior da torre do aeroxerador coa súa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora.

Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

Noveno.-Con data 8 de outubro de 2003, a Subdirección Xeral de Recursos Minerais, examinado o expediente, emite informe favorable sobre a compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Álabe-Montemaior Sur co permiso de investigación Togiza nº 5531.2.

O citado informe manifesta textualmente:

Informe sobre o expediente de compatividade entre o Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur e diversos dereitos mineiros da provincia de Lugo.

1. Antecedentes.

Durante a tramitación da declaración de utilidade pública do Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur, solicitado pola sociedade Acciona Eólica de Galicia, S.A., detectouse a posible interferencia das actuacións pretendidas neste proxecto coas previstas para outros dereitos mineiros solicitados e/ou existentes na zona, polo que por parte desta dirección xeral abriuse o 21 de maio de 2003 un trámite de audiencia coas partes interesadas, para así proceder a determina-la compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos públicos en xogo.

Para a realización deste informe examináronse, ademais das alegacións presentadas polas partes dentro do trámite de audiencia, os seguintes documentos:

* Expediente e proxectos do parque eólico de Álabe-Montemaior Sur.

* Expediente e proxectos da solicitude de concesión de explotación Togiza nº 5531.2.

Aínda que as alegacións presentadas polas partes interesadas fan referencia ó permiso de investigación Togiza nº 5531, este non foi tido en consideración,

pois na superficie na que se atopa autorizada a súa prórroga non se atopa o Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur, non habendo por tanto afección ningunha.

2. Resumo dos proxectos e alegacións presentadas.

Vanse resumir neste punto os proxectos e alegacións de cada unha das sociedades implicadas.

A. Acciona Eólica de Galicia, S.A.

O proxecto de parque eólico de Álabe-Montemaior Sur ten as seguintes características:

Características técnicas do parque:

Nº de aeroxeradores: 24.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Xeradores: NEG-MICON NM750/44 e NM750/48.

Potencia total instalada: 18 MW.

Producción anual estimada: 47.209 MWh/ano.

Inversión prevista: 14.411.631,96 euros.

Características técnicas da infraestructura de xeración, transformación e interconexión:

-24 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior da torre de aeroxerador coa súa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25 MVA ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

O 26 de agosto de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu formula-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, na que se establece que deberán ser eliminados sete aeroxeradores debido á súa incompatibilidade coa conservación do patrimonio cultural da zona.

Por Resolución do 12 de xuño de 2003 autorízanse as instalacións electromecánicas, apróbase o proxecto de execución e recoñécese a condición de instalación acollida ó réxime especial do Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur. Nesta resolución asúmese a declaración ambiental e, por tanto, só se autoriza unha potencia total de 12,75 MW.

Alegacións.

En resumo son as seguintes:

* En referencia ó permiso de investigación Togiza nº 5531:

-Inexistencia de solapamento entre este permiso, na superficie en que foi prorrogado, e o parque eólico.

* Sobre a solicitude de concesión de explotación Togiza nº 5531.2:

-Considera que aínda que na área abarcada pola solicitude de concesión se sitúan os aeroxeradores MS-1311 a MS 1315, non existirá ningunha interferencia entre os labores proxectados para esta concesión e a infraestructura eólica, pois calquera instalación do parque atoparase a máis de 350 metros de distancia e 70 m de cota de calquera labor mineiro previsto, non existindo, por tanto, ningún elemento común entre ambalas actividades.

-Independentemente do exposto considera que dado que o proxecto mineiro se desenvolve nunha zona proposta para súa inclusión na Rede Natura 2000, son mínimas as posibilidades dos titulares do dereito mineiro de obter unha declaración ambiental positiva, polo que non podería ser autorizada a explotación mineira.

* Finalmente e como conclusión solicita que se declare inexistente a concorrencia de utilidades públicas ou, subsidiariamente, a compatibilidade do parque eólico cos dereitos mineiros existentes na zona.

B. Cupire-Padesa, S.A. e Revestimientos Naturales, S.L.

Titulares da solicitude de concesión de explotación Togiza nº 5531.2.

Solicitude de concesión de explotación Togiza nº 5531.2.

Características do proxecto.

* Pretende explotarse un depósito de granito gris co fin de obter bloques de granito ornamental.

* As reservas definidas alcanzan os 119.900 m.

* Prevense dous ocos de explotación e dúas entulleiras.

* Prevense unha duración da explotación de 30 anos, a un ritmo de 4.000 m anuais.

Alegacións.

Pódense resumir nos seguintes aspectos:

* Prioridade do permiso de investigación e por tanto da solicitude de concesión de explotación derivada do mesmo sobre o parque eólico por ser solicitado con anterioridade. No caso de non ser así inclúanse como afectados no procedemento expropiatorio e denéguese a urxente ocupación dos terreos.

* Considera que a proposta de Rede Natura 2000 non pode afecta-los seus dereitos mineiros por ser estes moi anteriores á formulación desa proposta.

* O órgano competente para o outorgamento da autorización administrativa é o Consello da Xunta, non a Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

* Petición de responsabilidade patrimonial da Administración por funcionamento anormal dos servicios públicos da Administración Mineira Galega no caso de ser autorizado o parque eólico.

* Inconstitucionalidade do artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

* Nin a Rede Natura 2000 nin a Lei do solo poden prohibi-la explotación de recursos mineiros a ceo aberto.

* A explotación de granito é considerada prioritaria pola lexislación mineira, sendo esta lexislación, de carácter básico, de rango superior a calquera lei galega.

* Inconstitucionalidade da lexislación ambiental galega.

* Finalmente e como conclusión solicítase que se declare a incompatibilidade dos labores mineiros de investigación e explotación co parque eólico e a prevalencia dos dereitos mineiros sobre este último e no caso contrario se teña presentada responsabilidade patrimonial da Administración pública galega por irregular funcionamento dos seus servicios públicos e que se inclúa o permiso de investigación e súa concesión derivada na relación de bens e dereitos para expropiar.

3. Conclusións.

En primeiro lugar e, en referencia ás alegacións presentadas, cabe manifesta-lo seguinte:

Acciona Eólica de Galicia, S.A.

Non é causa deste procedemento de compatibilidade se a existencia da Rede Natura 2000 condicionará ou non unha futura explotación mineira na zona, polo que non cabe manifestarse ó respecto.

Cupire Padesa, S.A.

Tampouco neste caso é causa deste procedemento o que a Rede Natura 2000 afecte ou non os dereitos mineiros nin na dita rede nin a Lei do solo podan prohibi-la explotación de recursos mineiros nin por suposto a suposta inconstitucionalidade da Lei do sector eléctrico e da lexislación ambiental galega.

Así mesmo non cabe ningunha alegación correspondente ó permiso de investigación, pois como xa se mencionou con anterioridade non existe superposición ningunha entre o permiso tal e como foi prorrogado e o Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur.

En canto á compatibilidade propiamente dita, dentro da superficie da solicitude de concesión de explotación Togiza nº 5531.2, atópanse os aeroxeradores denominados MS-1311 a MS-1315. Os ditos aeroxeradores e súa infraestructura asociada atópanse a unha distancia de 470 metros da entulleira 2, de 320 metros do oco de explotación 2, de 320 metros do oco de explotación 1 e de 402 metros da entulleira 1, polo que se consideran compatibles neste caso os labores mineiros e a infraestructura eólica.

En resumo, considérase que debe declararse a compatibilidade do Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur coas actuacións mineiras previstas na solicitude de concesión derivada do permiso de investigación Togiza nº 5531.2.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Innovación, Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista da alegación presentada por Manuel Fernández Blanco, en representación de Cubertas de Pizarra Reunidas e Agrupadas de Exportación, S.A. (Cupire-Padesa), da contestación dada á mesma por parte da empresa promotora e do resto de documentación existente no expediente, cabe manifestar que, en canto á resolución sobre a compatibilidade ou incompatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Álabe-Montemaior Sur coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial, esta dirección xeral acepta o informe da Subdirección Xeral de Recursos Minerais do 8 de outubro de 2003, e que serve de motivación a esta resolución neste extremo ó incorporarse ó texto da mesma, tal e como establece o artigo 89.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

2. Declara-la compatibilidade do Parque Eólico Álabe-Montemaior Sur coas actuacións mineiras previstas na solicitude de concesión derivada do permiso de investigación Toziga nº 5531.2.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente

recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Lugo, 10 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17, do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio