Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de novembro de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A-O2), pendente de notificar, e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Prado Grupo Alimentario, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A-O2), pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 56 do Real decreto 936/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección de tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8, 3ª planta, Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 12 de novembro de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado:

Prado Grupo Alimentario, S.L.

NIF: B36863157.

Cruz do Morto-Prado Morgadáns.

Gondomar.

Procedemento:

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Exercicio: 2000.