Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza o cambio de titularidade do organismo de control autorizado Grupo Itevelesa, S.A., que pasa a denominarse Ingeniería de Gestión Industrial, S.L. (Ingein, S.L.).

Examinado o escrito presentado por Fernando Rodiño González, en calidade de representante de Ingeniería de Gestión Industrial, S.L. (Ingein, S.L.), con CIF B13102009 e con domicilio social en parque tecnológico de Boecillo, edificio centro 109-113, 47151 Boecillo (Valladolid), mediante o que solicita o cambio de titularidade do organismo de control autorizado Grupo Itevelesa, S.A., resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data 24 de xullo de 2003, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio resolveu autorizar a Grupo Itevelesa, S.A. para actuar como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Con data 28 de outubro de 2003, Fernando Rodiño González solicitou o cambio de titularidade da autorización concedida a Grupo Itevelesa, S.A., que pasou a denominarse Ingeniería de Gestión Industrial, S.L. (Ingein, S.L.)

Terceiro.-Ingeniería de Gestión Industrial, S.L. (Ingein, S.L.) está acreditada por ENAC con número de acreditación 81/EI138, conforme os criterios recollidos na norma UNE-EN 45004:1995, para a realización de inspeccións nos campos e segundo os documentos normativos especificados no anexo técnico rev. 1, de data 12-9-2003, da acreditación de ENAC correspondente.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, e no Decreto 426/2001, do 15 de novembro, polo que se regulan os organismos de control

en materia de seguridade industrial e control regulamentario e se crea a Comisión de Coordinación de Seguridade Industrial de Galicia.

Segundo.-A documentación presentada por Ingeniería de Gestión Industrial, S.L. (Ingein, S.L.) acredita que a empresa cumpre coas esixencias establecidas nos artigos 4, 5, 6 e 7 do Decreto 426/2001, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

Terceiro.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar a Ingeniería de Gestión Industrial, S.L. (Ingein, S.L.) para actuar como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia, en substitución de Grupo Itevelesa, S.A., por terse producido o cambio de titularidade da entidade. O ámbito regulamentario de actuación esténdese ós seguintes campos:

Instalacións e aparellos a presión, instalacións eléctricas, instalacións de almacenamento de productos químicos, vehículos e contedores destinados ó transporte de mercadorías perigosas e perecedoiras, instalacións e aparellos para combustibles gasosos, construcción de máquinas con risco, elementos e instalacións de aparellos de elevación e manutención, instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, instalacións contra incendios, instalacións petrolíferas.

Segundo.-Esta resolución pode ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos previstos na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de ENAC, e queda supeditada ó cumprimento das seguintes condicións:

1ª) Calquera ampliación dos campos regulamentarios de actuación ou dos documentos normativos correspondentes deberá segui-los trámites establecidos nos artigos 4, 5 e 7 do Decreto 426/2001 para a súa autorización.

2ª) Ingeniería de Gestión Industrial, S.L. (Ingein, S.L.) deberá cumpri-lo establecido na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3ª) Ingeniería de Gestión Industrial, S.L. (Ingein, S.L.) deberá cumprir nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia os requisitos establecidos no Decreto 426/2001, do 15 de novembro.

Notifíquese esta resolución ó interesado facendo constar que poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de notificación, ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, de acordo ó disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas