Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 12 de decembro de 2003 Páx. 15.299

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (13/2003).

María Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 13/2003 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia número 48/2003.

En Negreira o 6 de xuño de 2003.

Luis Aláez Legerén, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción único desta vila e do seu partido, dictou esta resolución no xuízo de faltas número 13/2003, no que foi denunciante Severino Muíño Recarey, asistido do letrado José Santiago e denunciado Cándido Verde Rodríguez,

Decisión.

Que debo absolver e absolvo a Cándido Verde Rodríguez dos feitos que se lle imputaban.

As custas procesuais decláranse de oficio.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días hábiles contados desde a súa notificación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Cándido Verde Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Negreira o 10 de novembro de 2003.

A secretaria

Rubricado