Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 27 de novembro de 2003, adoptou por maioría absoluta, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oroso.

Segundo.-Someter ó trámite de información pública o expediente e documentos que desenrolan as determinacións do PXOM, polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no xornal La Voz de Galicia e no xornal El Correo Gallego. A estes efectos o período de información pública rematará transcorrido un mes desde o día seguinte ó da publicación do último dos anuncios inseridos. Simultaneamente e durante o mesmo prazo, daráselles audiencia ós municipios limítrofes.

Terceiro.-Suspender, de acordo co sinalado no artigo 77.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural

de Galicia, o procedemento de outorgamento de licencias, naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento no caso en que as novas determinacións deste supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. Para estes efectos as áreas afectadas pola citada suspensión son as de todo o termo municipal, agás os ámbitos territoriais do Plan Parcial de Porto Avieira e do parque empresarial de Sigüeiro (SAUI-Sector 1).

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do planeamento.

Lugar de exposición: local situado na planta baixa nº 1 e 2 do edificio sito na Rúa Lengüelle nº 5.

Oroso, 28 de novembro de 2003.

Manuel Mirás Franqueira

Alcalde presidente

María José López Fernández

Secretaria xeral