Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-329).

Por resolución desta Alcaldía nº 5497/2003, do 28 de novembro de 2003, acordouse aprobar inicialmente a modificación do Plan parcial sobre SUNP.B-31-R Mesón da Auga, no Carballo-Nós, no relativo ó epígrafe 3.03 normas particulares de zona.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de urbanismo de 8.30 a 13.00 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e nos dous xornais de maior circulación da provincia en dous días consecutivos, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 28 de novembro de 2003.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente