Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

EDICTO.

No BOP de Pontevedra do 27 de outubro de 2003 publicouse a convocatoria para a provisión dunha praza de garda da policía local, conforme as bases publicadas no BOP do 11 de xaneiro de 2002 e incluída na oferta pública de emprego de 2002.

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria será de 20 días naturais contados desde o seguinte á publicación do correspondente anuncio no BOE.

O Rosal, 3 de novembro de 2003.

José Luis Lorenzo Alonso

Alcalde en funcións