Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a construcción do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións no Campus da Coruña, Elviña.

O día 1 de decembro de 2003 asinouse un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a adquisición de terreos no Campus Universitario da Coruña, con destino á urbanización del e construcción de centros universitarios.

O Consello da Xunta de Galicia acordou a autorización do devandito convenio de colaboración, na súa reunión do 20 de novembro de 2003.

A adquisición de terreos no Campus Universitario da Coruña, con destino á súa urbanización e construcción de centros universitarios, será realizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, como órgano dunha Administración territorial, polo sistema de expropiación, sendo a Universidade da Coruña a institución beneficiaria da expropiación, de conformidade co artigo 2, da Lei de expropiación forzosa e cos artigos 4 e 5 do seu regulamento.

As obras motivo de expropiación sitúanse en terreos comprendidos na área de planeamento incorporado G13.01 Universidade-A Zapateira do Plan parcial de ordenación aprobado o 18 de outubro de 1991, modificado por acordo plenario do 16 de decembro de 2002 (BOP nº 21, do 27 de xaneiro de 2003). Os devanditos terreos sitúanse basicamente nas parcelas de edificios docentes números 21 e 22 do plan parcial na parroquia de San Vicente de Elviña, concello da Coruña.

Na súa virtude acórdase o inicio do expediente de expropiación forzosa mediante o procedemento de taxación conxunta de bens e dereitos afectados pola construcción dun edificio para o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións no Campus da Coruña.

Acórdase tamén a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados individualmente.

En función do previsto no artigo 143.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural, sométese o expediente a información pública, polo prazo dun mes, e poderase examina-lo proxecto nas dependencias do Servicio de Obras e Equipamento da Universidade da Coruña (sala de comisións, número 2), Rectorado, sito na rúa da Mestranza número 9, de luns a venres entre as 12.00 e as 13.30 horas, co fin de que unha vez informados, os afectados poidan formular por escrito ante o Servicio de Supervisión de Proxectos e Expropiacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Servicio de Obras e Equipamento da Universidade da Coruña, as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, e de acordo co previsto no artigo 143.4º da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural, as taxacións notificaránselles individualmente ós que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Tamén se lle notificará ó Concello da Coruña, dando traslado da resolución, para o trámite de audiencia previsto no art. 143.5º da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

RefRef.cat.TitularEnderezoPoboaciónTipo

expr.

Cualif.

solo (1)

Sup. exp.Out. bens

179795 45Gómez Gómez, PerfectoCastro Elviña nº 78A CoruñaParcialSUC874 m2.1.1.7 (2)

66,86 m

279795 46Gayoso Souto, FernandoR/ Antón Francisco Añón Paz (A Veiga) nº 22 NosOleirosTotalSUC1.071 m

379795 47Alvedro Mosquera, JoséA Insua Ribas nº 27A CoruñaTotalSUC984 m

479795 08Lodeiro Muíños, Amparo

Lodeiro Muíños, José

Lodeiro Muíños, Mª Carmen

Lodeiro Muíños, Luís

Lodeiro Muíños, Jesús

Rodríguez Lodeiro, José

Castro Elviña nº 18 1º

Ruta 48 r/ Bolivia nº 1105 Las Piedras. Dpto. Canelones

Castro Elviña nº 18 B

Ronda de Outeiro. Praza Alfonso XII nº 4 dereita

Mesoiro 77-B

Orro 161

A Coruña

Uruguai

A Coruña

A Coruña

A Coruña

Culleredo

TotalSUC6.556 m

(1) Cualificación S/PXOM: SUC-Solo urbano consolidado

(2) Tipoloxía de edificación s/ Real decreto 1020/1993