Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2003 pola que se convoca, en réxime de concesión, a xestión e explotación do servicio de cafetería do edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos na Coruña, mediante concurso e procedemento aberto.

Obxecto: contratación, en réxime de concesión, da xestión e explotación do servicio de cafetería do

edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos na Coruña, mediante concurso e procedemento aberto.

Prazo de execución: 2 anos.

Canon anual: mínimo 1.200 euros.

Garantía provisional: 3.600 euros.

Garantía definitiva: 6.000 euros.

Garantía complementaria: 7.212 euros.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación estará ó dispor dos licitadores na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e no enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3411.

Modelo de proposición: o que figura como anexo A ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa de edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas ou no rexistro de calquera das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

O prazo de admisión rematará o día 2 de xaneiro de 2004 ás 14.00 horas.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano) ás 10.00 horas do día 8 de xaneiro de 2004.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso serán por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2003.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública