Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.226

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (202/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico

que neste xulgado se seguen autos número 202/2003, por instancia de María José Rodríguez Barreiro contra a empresa Instalaciones Generales Ebro, S.L., sobre cantidade, nos que se dictou auto de aclaración de sentencia na data do 3-11-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«É procedente a aclaración solicitada e, en consecuencia, o feito probado primeiro ficará do teor literal seguinte:

Feitos probados.

Primeiro.-Que María José Rodríguez Barreiro, demandante, veu prestando servicios para a demandada, a empresa Instalaciones Generales Ebro, S.L., con antigüidade do 17-9-2001 ó 31-3-2002, coa categoría profesional de oficial de segunda, percibindo un salario de 1.051 euros mensuais con inclusión da prorrata das pagas extra.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, perante este xulgado, do que coñecerá, se for o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Instalaciones Generales Ebro, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 3 de novembro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA