Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/127-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Minicentrales del Verdugo, S.L.

Enderezo social: Cantón Grande nº 6-6º A, 15003 A Coruña.

Denominación: L.M.T. C.H. río Verdugo, subestación bacía do río Verdugo.

Situación: concello da Lama.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV con un primeiro tramo soterrado de 180 m, de lonxitude, con conductor Al 150 mm, desde a cabina de chegada de liña da central hidroeléctrica do río Verdugo ata

un apoio de paso soterrado a aéreo situado nas proximidades do camiño de acceso a ela onde continua aérea 1.650 m, sobre apoios metálicos, con conductor LA-110, rematando nun apoio nas proximidades da subestación da bacía río Verdugo, discorrendo na súa totalidade polo concello da Lama.

Realizada a información pública e a comunicación individual a cada un dos afectados pola instalación, non se presentaron alegacións no prazo establecido para iso.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos II e V do Real decreto 1955/2000, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos e corporacións que constan nos expedientes.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co art. 131 do Real decreto 1955/2000, será de vintecatro meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórro

ga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 31 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra