Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.225

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (187/2003).

Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 187/2003 se dictou a seguinte cédula de citación:

«O/A xuíz/a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a vostede a fin de que, o próximo día vinte de xaneiro de 2004 ás nove corenta e cinco horas, asista na sala de vistas á celebración do xuízo de faltas enriba indicado, seguido por falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio (636), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer no acto do xuízo con tódolos medios de proba de que se tente valer (testemuñas, documentos, peritos...), e que poderá acudir asistido de letrado, ben que este non sexa preceptivo.

Apercíbese de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impedir, poderá impórselle unha multa e recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito e, caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal».

E para que conste e sirva de citación a José Manuel Cavada Senra, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o vintenove de outubro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado