Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 11 de decembro de 2003 Páx. 15.225

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2003 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Ciencias da Comunicación, a Antía María López Gómez (praza 1915/2001).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 16 de novembro de 2001 (BOE do 4 de decembro) para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Ciencias da Comunicación, a Antía María López Gómez, tendo en conta que a interesada cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antía María López Gómez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Ciencias da Comunicación, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2003.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS