De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 16 de novembro de 2001 (BOE do 4 de decembro) para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, a Óscar López Pouso, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Óscar López Pouso, profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemática Aplicada, da Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2003.
Senén Barro Ameneiro
Rector da Universidade de Santiago de Compostela