Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a prestación do servicio de conservación e mantemento das zonas verdes de 2º nivel, do Concello de Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: establécese un tipo de licitación de 69.500 euros/ano, IVE incluído. Os licitadores deberán realizar ofertas á baixa sobre os prezos unitarios que se detallan no prego de cláusulas administrativas.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración de 2 anos, prorrogables por mutuo acordo das partes ata un máximo total de 4 anos.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9.00 a 14.00, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información: Sección de Contratación do Concello de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copistería Copy Estudio, Rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Teléfono: 981 59 33 85.

Clasificación do contratista:

Grupo O, subgrupo 6, categoría a.

Grupo III, subgrupo 5, categoría a (disposición transitoria única, número 2, do RXLCAP).

Criterios de adxudicación: son os sinalados no número 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 10.00 horas, o segundo día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións. De coincidir sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde