Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior da unidade de actuación número 18 do PXOU avenida Eduardo Pondal, rúas Joaquín Costa, Doce de Novembro e Profesor Filgueira Valverde.

A Comisión de Goberno, en sesión do 4-8-2003, prestou aprobación, con carácter inicial, ó Plan especial de reforma interior da unidade de actuación número 18 do Plan Xeral de Ordenación Urbana rúas Joaquín Costa, Doce de Novembro, Eduardo Pondal e Profesor Filgueira Valverde, formulado mediante iniciativa particular por Eugenio Sobral Fernández, actuando en representación da entidade Lagar de Saín, S.A., e outros, instrumento urbanístico con visado colexial de 12-11-2002 e memoria de adaptación á Lei 9/2002 con visado colexial de 25-3-2003, documentación técnica subscrita polo arquitecto Luis Sarasquete Otero.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá examinarse o expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, nº 2 desta cidade) e formularse as alegacións procedentes, servindo tamén este anuncio de notificación, ó abeiro do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, a tódolos propietarios ou interesados no procedemento directamente afectados que non poidan ser notificados individualmente ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio, ou tentada a notificación non se puidera efectuar.

Pontevedra, 5 de novembro de 2003.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera LorenzoJulio Dapena Outomuro

Teniente alcalde delegado da ÁreaSecretario xeral

de Urbanismo e Medio Ambiente