Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Noia.

2. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

3. Obxecto do contrato: redacción dun plan xeral de ordenación municipal para o Concello de Noia de acordo ó prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán este procedemento é á lexislación urbanística aplicable.

4. Prazo de execución: 24 meses.

5. Tramitación: por urxencia.

6. Procedemento: aberto.

7. Forma: concurso.

8. Orzamento base de licitación: 181.830 euros.

9. Garantía provisional: 3.636,60 euros.

10. Obtención de documentos e información: Concello de Noia, r/ Rosalía de Castro, nº 2, 15200 Noia (A Coruña), teléfono: 981 84 21 00, fax: 981 82 17 41.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: por calquera dos medios establecidos nos artigos 16 e 19 do TRLCAP, preferentemente os sinalados no punto d) do punto 3 da cláusula IV do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Data límite de presentación de ofertas: o oitavo día natural posterior á publicación do último dos anuncios de licitación.

14. Documentación que hai que presentar: a relacionada na cláusula IV do prego de prescricións administrativas particulares.

15. Lugar de presentación: na Secretaría do Concello de Noia de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, Concello de Noia, r/ Rosalía de Castro, nº 2, 15200 Noia (A Coruña), teléfono: 981 84 21 00, fax: 981 82 17 41.

16. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: un mes.

17. Apertura das ofertas: o décimo día posterior ó de remate do prazo para presenta-las ofertas ás doce horas, no salón de plenos do Concello de Noia. Se coincidise en día inhábil realizarase no día hábil seguinte á mesma hora.

18. Gastos de anuncios: son por conta do contratista os gastos dos anuncios de licitación e adxudicación.

Noia, 1 de decembro de 2003.

Antonio Pérez Insua

Alcalde