Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Muros convoca licitación pública para adxudica-lo contrato de consultoría e asistencia que a seguir se menciona:

1. Entidade convocante: Concello de Muros, con domicilio no Curro da Praza nº 1, 15250 Muros (A Coruña), teléfono 981 82 60 50, fax 981 76 22 57, correo electrónico: correo*.dicoruna.es

2. Obxecto do contrato: elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

3. Procedemento de adxudicación: aberto, por concurso, con tramitación urxente.

4. Orzamento de licitación: 168.010,92 euros.

5. Garantía provisoria: 3.360,22 euros.

6. Obtención de información: na entidade convocante.

7. Requisitos: non se esixe clasificación. Os contratistas deberán acredita-la solvencia económica e financeira, e técnica ou profesional por calquera dos medios que sinalan os artigos 16 e 19 en relación co 197.1º da LCAP.

8. Presentación de ofertas: en dous sobres pechados (A titulado «Documentación xurídica» e B titulado «Oferta económica e méritos») no rexistro xeral da entidade convocante no prazo de trece días naturales desde que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia.

9. Apertura das ofertas: en acto público que terá lugar na casa do Concello ás 13.00 horas do quinto día solto seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario.

Muros, 3 de novembro de 2003.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde