Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPE 3/2003).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 24 de outubro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o documento de modificación puntual do Plan especial de protección

e reforma interior da Cidade Vella e Pescadería, nos ámbitos de actuación correspondentes ó soar da rúa Marqués de Pontejos, esquina San Nicolás, e o edificio situado na rúa Panaderas número 12, redactado por técnicos municipais.

Segundo.-Solicitar da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo informe ó documento de modificación puntual.

Terceiro.-Somete-lo documento a información pública, polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia; neste último caso, o anuncio deberase publicar en dous días consecutivos.

Cuarto.-Dilixencia-los exemplares de modificación puntual.

Quinto.-Notificarlles este acordo ós propietarios afectados.

O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publiación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na oficina de Información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n.

A Coruña, 28 de outubro de 2003.

José Luis Méndez Romeu

Concelleiro delegado de Urbanismo