Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2003 pola que modifica a data de apertura de ofertas para a contratación dunha asistencia técnica para a impartición de seminarios de difusión das tecnoloxías da información e servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático, publicada no Diario Oficial de Galicia número 231, do 27 de novembro de 2003.

No DOG nº 231, do 27 de novembro de 2003, anunciouse a contratación dunha asistencia técnica para a impartición de seminarios de difusión das tecnoloxías da información e servicios de posta á disposición, instalación e conexión a redes públicas de equipamento informático, mediante concurso público aberto e tramitación urxente (C.P. 15/2003).

Coincidindo a data de apertura das ofertas no 24 de decembro, día non laborable no Igape, procede a súa modificación, establecéndose como nova data o día 29 de decembro de 2003.

RESOLVO:

Primeiro.-Modifica-la data para a apertura das ofertas do concurso referido, establecéndose como nova data o día 29 de decembro de 2003, ás 10.30 horas.

Segundo.-Facer pública esta modificación da data de apertura de ofertas, manténdose invariables as demais condicións da contratación, incluída a data límite de presentación de ofertas, sendo esta o 12 de decembro de 2003.

En Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica