Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 17 de novembro de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado a proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 4/2003.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 4/2003 que se inicia neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Á dita infracción o instructor do expediente propón a sanción de multa de 601,02 euros, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déaselle traslado ó interesado e concédaselle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e as informacións que considere pertinente. Esta proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 17 de novembro do 2003.

Rosa Mª Gallego Neira

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 4/2003.

José M. Fernández Cendán.

R/ Lepanto, Bloque 33, Portal 10-8º C, Ferrol.

Sanción: 601,02 euros.