Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2003 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para as novas funcionalidades do sistema de xestión tributaria.

Expediente nº 10725/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: o prazo máximo da execución do contrato será o seguinte:

FasesDíasCalendario

Xeración de actas de inspección33Xaneiro-febreiro 2004

Adaptación IIVTNU ó convenio AEAT-FEMP33Febreiro-marzo 2004

Xestión do IBI44Abril-maio 2004

Notificación de expedientes e valoración44Xuño-xullo 2004

Estudio ampliación-substitución

do SGT

88Xaneiro-decembro 2004

O que fai un total de 484 días laborais (2 persoas, 7 horas/día) ou 3.388 horas.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o importe do contrato será de 91.476 euros (IVE incluído).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13.00 horas do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte

ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 3 de decembro de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña