Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2003 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas ós proxectos empresariais de investimento.

O Consello de Dirección do Igape, na súa reunión do 29 de outubro de 2003, aprobou unha modificación das bases reguladoras das axudas ós proxectos empresariais de investimento permitindo o incremento da subvención a aqueles proxectos que aínda non correspondendo a unha primeira implantación da empresa en Galicia, desenvolvan actividades que sexan intensivas en emprego altamente especializado (Resolución do 14 de novembro de 2003, DOG nº 227, do 21 de novembro).

As características destes proxectos, nos que prima o índice de emprego sobre o importe de investimento subvencionable aconsellan introduci-la previsión nas bases reguladoras de que o Consello de Dirección do Igape poida autoriza-la concesión de subvención

para aqueles proxectos que non acaden o importe de investimento subvencionable mínimo de 600.000 euros establecido con carácter xeral.

Por todo o anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas

DISPOÑO:

Artigo único.-Publica-la seguinte modificación das bases do programa de axuda ós proxectos empresariais de investimento, acordada polo Consello de Dirección do Igape na súa reunión do 26 de novembro de 2003, quedando redactada como segue a letra c) do número 4 da base 3ª:

«3.4 c) Excepciona-lo requisito de investimento subvencionable mínimo superior a 600.000 euros cando a nova iniciativa empresarial se encadre nunha actividade considerada intensiva en emprego, non sendo necesario que o proxecto sexa de primeira implantación na Comunidade Autónoma de Galicia».

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, estendendo a súa eficacia a aqueles expedientes en tramitación, pendentes de resolución.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica