Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2003 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o ano 2004 do Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos baseados nun diagnóstico. Subvención a fondo perdido.

As bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica publicadas mediante resolución da directora xeral do Igape do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), para o programa de apoio á continuidade e mellora competitiva da PEME galega, prevé o establecemento de compromisos plurianuais dentro dos límites autorizados.

Con data do 27 de decembro, o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, publicados mediante Lei 6/2002 (DOG nº 251, do 30 de decembro de 2002). Por outra parte, o Consello

da Xunta de Galicia na súa reunión do 20 de marzo de 2003 autorizou os límites de plurianualidades do Instituto Galego de Promoción Económica.

Analizadas as necesidades de fondos e co obxecto de dar resposta ós proxectos faise necesario amplia-lo límite de crédito reservado.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Facer público, de acordo co importe que se relaciona a continuación, a ampliación do límite de crédito dispoñible para o ano 2004 do Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos baseados nun diagnóstico. Subvención a fondo perdido, quedando co límite seguinte:

Partida

orzamentaria

FinalidadeLímite dispoñible

2004 A

02.02-11/01/01Programa de mellora competitiva da PEME. Proxectos baseados nun diagnóstico. Subvención a fondo perdido.852.500

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica