Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2003 Páx. 15.090

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2003 pola que se modifica a Resolución do 9 de outubro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 15 de outubro) pola que se adxudicaron as axudas correspondentes ó Programa de Sociedade da Información convocadas no anexo II, da Orde do 29 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 13 de maio) e na Orde do 13 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 26 de febreiro).

A Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 13 de maio), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do Programa Sectorial de Servicios ó Cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria, prevé no seu anexo II, a concesión de axudas correspondentes ó Programa de Sociedade da Información.

Por Resolución do 9 de outubro de 2003 adxudicáronse as axudas correspondentes ó Programa de Sociedade da Información convocadas no anexo II, da Orde do 29 de abril de 2002 (DOG do 13 de

maio) e na Orde do 13 de febreiro de 2003 (DOG do 26 de febreiro).

De acordo co Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde de convocatoria e na Orde do 13 de febreiro de 2003 (DOG do 26 de febreiro), e por proposta elaborada pola comisión de selección prevista no punto 6 das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la distribución da axuda concedida na resolución de data 9 de outubro de 2003 (DOG do 15 de outubro) ó proxecto de I+D e de innovación tecnolóxica para empresas, agrupacións

de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, que se indica no anexo I desta resolución.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala

do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

P.D. (Orde do 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO