Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO da convocatoria para a provisión de diversas prazas de funcionarios.

Por resolución da alcaldía do 19 de novembro de 2003 foron aprobadas as bases xerais reguladoras dos procesos selectivos correspondentes á oferta de emprego público para 2003.

A través da citada resolución prestouse aprobación ás bases específicas e procedeuse á convocatoria das seguintes prazas:

-Dúas prazas de auxiliar de Administración xeral (grupo D), mediante un proceso de funcionarización.

-Unha praza de programador informático (escala Administración especial), pertencente ó grupo B, por promoción interna.

-Unha praza de oficial administrativo e de asesoramento lingüístico (grupo C), encadrada na escala de Administración especial, mediante concurso-oposición libre.

-Unha praza de cabo da policía local (grupo D), por promoción interna.

-Unha praza de técnico de xestión, da escala de Administración xeral (grupo B), por promoción interna.

As bases íntegras foron publicadas no BOP nº 275, do 29 de novembro de 2003, e o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O que se fai público consonte o disposto na normativa vixente.

As Pontes de García Rodríguez, 1 de decembro de 2003.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde-presidente