Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO sobre a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Urbana do concello de Tui, polo pleno da corporación en sesión extraordinaria do 4 de decembro de 2003.

Aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Urbana do concello de Tui, polo pleno da corporación, en sesión que tivo lugar o 4 de decembro de 2003, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día ó da seguinte o da publicación no Diario Oficial de Galicia, para a formulación de alegacións e reclamacións, de acordo co establecido no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, quedando o expediente de manifesto no Concello de Tui, sala de concelleiros anexa ó salón de plenos, os luns, martes, mércores e venres de 9.00 a 14.00 horas; os xoves, de 16.00 a 19.00 horas; e os sábados, de 9.30 a 12.30 horas.

Queda suspendida a concesión de licencias urbanísticas nos seguintes ámbitos:

En solo urbano:

-Plans especiais de mellora da calidade urbana: PEMCU nº 1, 2, 3, 4 e 5.

-Plans especiais de reforma interior: PERI nº 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8.

-Zona da ordenanza nº 4 de vivenda unifamiliar en Paiáns, adxacente ó PERI 1, 2 e 3 (reflectidos nos planos de ordenación 5.9 e 5.11).

-Ámbitos das unidades de execución do anterior Plan: UE 1, 2, 3, 5 e 9 (reflectidos nos planos 5.12, 5.17, 5.19, 5.20).

En solo urbanizable:

-Ámbitos nos que non exista un planeamento de desenvolvemento definitivamente aprobado.

En solo de núcleo rural:

-Áreas de expansión dos núcleos rurais.

En todos aqueles ámbitos nos que entre en contradicción o planeamento vixente co que é obxecto de tramitación.

Tui, 4 de decembro de 2003.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde