Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

ANUNCIO.

Anuncio de concurso por tramitación urxente e por procedemento aberto do seguinte contrato de concesión de obra pública:

Obxecto:

Redacción do proxecto e concesión da obra pública do parque eólico singular do Concello de Padrón.

Canon:

90.000 euros anuais máis 10% de facturación bruta anual, IVE excluído.

Duración da concesión:

20 anos.

Garantías:

Fianza provisional: 2% do orzamento das obras.

Fianza definitiva: 4% do orzamento das obras.

Prazo e lugar de presentación das proposicións:

Poderanse presentar no rexistro xeral do concello en horario das 9.00 ás 13.00 horas, en sobres pechados, coa documentación e requisitos esixidos no prego de condicións, no prazo de trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da data da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Apertura de plicas:

Terá lugar na secretaría do concello, ás 10.00 horas do día hábil seguinte, non sábado, ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Documentación:

O prego de condicións poderase consultar na secretaría do concello, en horario das 9.00 ás 13.00 horas.

Padrón, 27 de outubro de 2003.

Jesús Villamor Calvo

Alcalde