Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza, se aproba o proxecto de execución e se aproba o estudio de impacto ambiental da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/93-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e aprobación do estudio de impacto ambiental da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eólicos Touriñán, S.A.

Domicilio social: Lugar de Ruibo, s/n, 15270 Cee, A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV SE. parque eólico Pena Touriñán IV (Serra do Moncoso), apoio nº 7 L.A.T. SE. parque eólico Serra da Loba, SE. de Sidegasa.

Situación: concellos de Aranga, Monfero, Irixoa (A Coruña).

Descricións técnicas: líña eléctrica aérea de alta tensión a 66 kV, sobre torres metálicas de celosía,

con conductor LA-280, de 3.571 m de lonxitude, con orixe na subestación do parque eólico Touriñán IV (Serra do Moncoso) ata o apoio nº 7 da L.A.T. de doble circuíto a 66 kV sub. parque eólico Serra da Loba, sub. Sidegasa, da empresa Gamesa Energía, S.A. (expediente 326/2002) acompañado en todo o percorrido por cable OPGW-12F, discorrendo polos concellos de Aranga, Monfero e Irioxa.

Cumprido-los trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalación de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e aproba-lo estudio de impacto ambiental das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran neste e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.

A Coruña, 30 de outubro de 2003.

Manuel Estevez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións