Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T.S., C.T. edificio Novo Milenio.
Situación: concello de Ponteareas.
Descricións técnicas: C.T. de 630 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, situado no edificio Novo Milenio na rúa Azorín de Ponteareas, con L.M.T. subterránea a 20 kV de 100 m de lonxitude para acometida.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 28 de outubro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra