Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a revisión da declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Ameixeiras-Testeiros, nos concellos de Forcarei e Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense), promovido pola empresa Sistemas Energéticos Candán, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 3 de outubro de 2003 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a revisión da declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Ameixeiras-Testeiros, nos concellos de Forcarei e Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense), promovido pola empresa Sistemas Energéticos Candán, S.A. (anteriormente de titularidade de Gamesa Energía, S.A.), que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Con data do 24 de xaneiro de 2001 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu a resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de Parque Eólico Ameixeiras-Testeiros, nos concellos de Forcarei e Lalín (Pontevedra) e o Irixo (Ourense).

Con data do 10 de maio de 2002 (rexistro nº 8.278) ten entrada no rexistro da Consellería de Medio Ambiente o documento titulado Informe final de obras. PE Ameixeiras-Testeiros. Abril 2002, presentado polo promotor en cumprimento do requirido no punto 11.2 da DIA.

Con data do 18 de xullo de 2002 (rexistro nº 10.702) solicítase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a suspensión da actividade e a relocalización de oito aeroxeradores que se atopaban fóra da poligonal do parque eólico, así como a restauración dos terreos afectados polas obras.

Con data do 31 de xaneiro de 2003 (rexistro nº 2.345) recíbese nesta consellería solicitude de informe da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas sobre a necesidade de someter a información pública o modificado do proxecto do parque eólico de referencia. Esta solicitude vai acompañada dos documentos titulados Modificación do proxecto de execución. PE Ameixeiras-Testeiros e Documento para a solicitude de modificación da declaración de impacto ambiental. PE Ameixeiras-Testeiros.

Con data do 5 de marzo de 2003 (rexistro nº 4.778) infórmase a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas sobre a necesidade de someter a información pública, para os efectos ambientais, os documentos indicados no parágrafo anterior, non sendo preciso nova solicitude de informes a organismos.

Con data do 5 de setembro de 2003 (rexistro nº 24.549) recíbese nesta consellería o expediente da modificación do Parque Eólico Ameixeiras-Testeiros, contando co informe da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e cos resultados da información pública, non tendo constancia da presentación de alegacións durante o dito período.

Polo anteriormente exposto, esta dirección xeral establece pola presente revisión da declaración de impacto ambiental as modificacións que a continuación se indican:

1. No punto 1 (ámbito da declaración) engádense á poligonal as seguintes áreas:

Área 1

Vértice XVértice Y

564.3004.714.800

564.3004.715.300

565.0004.715.300

565.0004.714.800

564.5004.715.000

Área 2

Vértice XVértice Y

564.0004.713.000

563.8004.713.000

563.8004.712.700

564.0004.712.700

Área 3

Vértice XVértice Y

567.0004.712.800

567.6004.711.500

567.0004.711.500

2. No punto 1 (ámbito da declaración) modifícanse as coordenadas dos seguintes aeroxeradores:

Posicións da declaraciónPosicións modificadas

Aeroxerad.UTM XUTM YAeroxerad.UTM XUTM Y

A-45566.988,5004.711.646,375C-43567.198,9234.711.635,096

A-46566.971,1254.711.792,750C-44567.149,9354.711.780,282

A-47566.959,5004.711.971,500C-45567.083,2284.711.909,048

A-48566.973,0234.712.122,795C-46567.073,8154.712.102,165

A-49567.000,0004.712.230,000C-47567.000,4004.712.229,647

A-73564.631,4184.714.927,064C-74564.698,3134.715.005,872

A-74564.504,6384.714.977,761C-75564.624,8394.715.082,031

R-1564.012,2114.712.855,060C-42561.972,2434.712.886,219

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2003.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental