Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.044

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 426/2003, do 20 de novembro, polo que se resolve o expediente de deslinde entre os termos municipais dos concellos de Moeche e San Sadurniño.

Promovido expediente de deslinde da liña límite municipal entre os concellos de Moeche e San Sadurniño, por existir diverxencias no tramo entre os marcos 7 e 9, remítese á Dirección Xeral de Administración Local a documentación do devandito expediente para a súa resolución.

O expediente foi tramitado de acordo co procedemento establecido na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia e no Real decreto 1690/1986, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais. Neste procedemento consta o informe do Instituto Xeográfico Nacional do 29 de maio de 2000 e un complementario de ratificación do 21 de xuño de 2002; ámbolos concellos presentaron alegacións ó primeiro, dentro do prazo concedido ó efecto.

Visto o disposto nos artigos 41.1º e 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, segundo os cales os conflictos que poidan suscitarse entre municipios en relación co deslinde dos seus termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da deputación provincial e da Comisión Galega de Delimitación Territorial e logo do dictame do Consello Consultivo de Galicia.

Por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Primeiro.-Resolve-la cuestión suscitada entre os concellos de Moeche e San Sadurniño, sobre o deslinde dos seus termos municipais, no sentido de considerar válida e vixente a liña límite xurisdiccional, no tramo entre os marcos sétimo e noveno, segundo se describe na acta de deslinde do 12 de setembro de 1940, tal e como se reflicte no Mapa Topográfico Nacional a escala 1:25.000 do Instituto Xeográfico Nacional, segundo figura no anexo deste decreto.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o Consello da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación; ou ben recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publi

cación desta resolución, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, vinte de novembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Xesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local