Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.042

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se acorda ratifica-la adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas federacións e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Examinada a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia ó Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban

as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, realizada en cumprimento da súa disposición transitoria primeira.

Comprobado que se cumpre o requisito que establece o artigo 4 do Decreto 261/2002, do 30 de xullo, polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións, de aprobación pola xunta xeral da confraría, na súa reunión do 27 de xuño de 2003, e de conformidade co disposto nos artigos 2 e 14 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia, e cos artigos 112 a), 113 e 114 do decreto citado relativos ó rexistro de confrarías e das súas federacións.

A directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, en representación desta, acorda ratifica-la adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia que consta de 94 artigos, unha disposición adicional, unha derrogatoria, e unha derradeira (65 páxinas), inscribila no Rexistro de Confrarías e das súas federacións no folio 7 do libro 1º, e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia, adquirindo desde este momento a eficacia xurídica que lle recoñecen as normas legais de aplicación.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2003.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e

Desenvolvemento Pesqueiro

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL