Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.042

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2003, do tribunal encargado de avalia-las probas para a obtención do certificado CE de formación para conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril, convocadas por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 3 de marzo de 2003, pola que se elevan a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Publicadas o 21 de outubro de 2003 as relacións provisionais de aprobados correspondentes ás probas de constatación profesional para a obtención do certificado CE de conselleiro de seguridade, convocadas por Resolución do 3 de marzo de 2003, e transcorrido o prazo establecido nela para presenta-las correspondentes reclamacións, e unha vez examinadas estas, este tribunal

ACORDA:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Segundo.-Expo-las devanditas relacións nos lugares establecidos para o efecto na resolución de convocatoria.

Terceiro.-Que se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución pode interporse recurso de alzada ante o director xeral de Transportes (CPTOPV), da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia deste acordo. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2003.

David González Coalla

Presidente do tribunal