Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de novembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, declaración de utilidade pública, estudio de impacto ambiental e inclusión no réxime especial de producción de enerxía eléctrica das instalacións electromecánicas que se citan. (Expediente IN661A-01/5).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188), Lei 6/2001, do 9 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental (BOE nº 241), Decreto 80/2000, do 23 de marzo (DOG nº 75) polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de

incidencia supramunicipal, Decreto 2818/1998, do 3 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxías renovables, residuos e coxeración e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro (DOG nº 235) polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do modificado do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, declaración de utilidade pública, estudio de impacto ambiental e inclusión no réxime especial de producción de enerxía eléctrica das instalacións electricas que se citan:

Solicitante: Promotora Eólica de Galicia, S.L.

Domicilio social: Cantón Grande nº 6, 6º A, A Coruña.

Denominación: Parque Eólico de Monte Rande.

Municipios afectados: Ortigueira (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 9,24 MW.

Descricións técnicas:

-11 aeroxeradores de 850 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 55 m de altura e rotores de 52 m de diámetro.

-11 transformadores, situados no interior dos fustes de 900 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor RHZ1 H-16 15/25 kV de 1x150 mm Al, para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de 10 MVA e relación de transformación 20/132 kV, celas de media tensión 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación 20/0,4 kV, aparellos de medida, protección, telemando e telecontrol.

O estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Monte Rande poderase examinar no Concello de Ortigueira e nas delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Innovación, Industria e Comercio da Coruña.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

A Coruña, 24 de novembro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña