Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/327).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento temporal para a obra L.M.T.S., CC.TT. praza de Lugo.

Situación: concello da Coruña.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al:

-De 485 m de lonxitude coa orixe en liña existente en arqueta liña 710 SPV esquina r/ Fonseca con r/ Payo Gómez, entrando e saíndo no seu percorrido en C.T.I. e C.T.II praza de Lugo, que se vai instalar e final na liña 710 en arqueta esquina r/ Picavea con praza de Ourense.

-De 320 m de lonxitude, coa orixe na liña en r/ Teresa Herrera e final na liña SPV 703 esquina r/ Fonseca con r/ Payo Gómez.

-2 centros de transformación en caseta prefabricadas de formigón, tipo Uniblock de 2L + 2P ata 2x1.000 kVA para C.T. nº 2 e 2L+2P ata 2x1.000 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de outubro de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións