Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/254).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., CC.TT., R.B.T. Agrofoxo-Castro.

Situación: concello de Rois.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón con conductor LA-56.

De 1.365 m de lonxitude, coa orixe no tramo de liña existente entre o C.T. Vilariño e o C.T. Macedos, e final no C.T. Castro, que se vai instalar.

De 28 m de lonxitude, coa orixe no tramo de liña que alimenta o C.T. Castro citado, e final no C.T. Agrafoxo, que se vai instalar.

Centros de transformación, tipo intemperie, sobre apoios de formigón, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Castro e Agrafoxo, con redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 440 m de lonxitude desde o C.T. Castro, e de 235 m de lonxitude desde o C.T. Agrafoxo, que se conectan ás redes existentes. Concello de Rois.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 28 de outubro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña