Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 14.996

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 17 de novembro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril.

Advertidos erros na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 228, do 24 de novembro de 2003, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 14.476, onde di: «ademais do establecido ...», debe dicir: «en lugar do establecido ...».

No anexo I:

Na páxina 14.476 na categoría 006 do grupo II, débese de suprimir licendiado/a en psicopedagoxía.

Na páxina 14.477 na categoría 061 do grupo III, onde di: «a) Técnico superior en análise e control»,

debe dicir: «a) Técnico superior de formación profesional específica da familia química ou equivalentes».

Na páxina 14.477 na categoría 069 do grupo III, onde di: «e tres anos de experiencia acreditada na Administración Pública», debe dicir: «e tres anos de experiencia acreditada na mesma categoría na Administración pública».

Na páxina 14.477 na categoría 003 do grupo IV débese de suprimir o apartado b).

Na páxina 14.477 na categoría 10D do grupo V onde di: «curso de técnico superior en salvamento acuático», debe dicir: «curso de socorrista en salvamento acuático ou equivalente expedido por algunha das federacións de salvamento e socorrismo».