Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 14.996

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro).

Vista a proposta motivada do director do curso selectivo de ingreso na función pública galega dos funcionarios en prácticas do grupo A, formulada mediante escrito do 27 de novembro pasado, e de conformidade co establecido na base VI.5 da orde mencionada, o tribunal

ACORDOU:

Primeiro.-Declarar aptos a tódolos participantes no mencionado curso que a continuación se relacionan, quedando establecida a súa orde de prelación de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da oposición da forma que así mesmo se indica:

DNIAPELIDOS E NOMEPUNTUACIÓN

33328394ZMORALEJA GOMEZ, TRISTANA MARIA17,22

32828933KMATO MARTINEZ, ARANZAZU17,135

33300604PSUAREZ FERNANDEZ, LAURA16,715

44447393PNUÑEZ LOPEZ, MARIA VICTORIA15,755

32839708DRODRIGUEZ HERRERA, MARIA XENXA15,24

36096735YPIÑEIRO SAA, SONIA15,165

32835539ALORENZO DIAZ, PEDRO PABLO15,12

34981743POUTEIRIÑO SANTOS, JORGE15,015

44083045AALFONSIN COEJO, IRIA MARIA14,945

76863329CLOPEZ BAHAMONDE, MARIA JESUS14,88

Segundo.-Declarar, así mesmo, apto no devandito curso e de acordo coa mesma proposta, a Santiago Nicolás Toral Pazos (DNI 32763220L), participante

nel procedente do anterior proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 5 de xuño de 2000 para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia segundo a Resolución do 11 de decembro de 2001, do tribunal nº 2.

A incorporación de Santiago Nicolás Toral Pazos ten lugar coa puntuación asignada ó último dos participantes no curso selectivo celebrado en desenvolvemento da Orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de outubro de 2002.

Todo isto de conformidade co establecido no derradeiro parágrafo do punto 1º do artigo 16 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-Considerando, pois, que tódolos participantes no curso selectivo de ingreso na función pública galega relacionados nos puntos primeiro e segundo da presente resolución superaron o proceso selectivo para o acceso ó curso superior de Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (grupo A), procede que sexan nomeados funcionarios de carreira de conformidade co disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2003.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal