Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 25 de novembro de 2003 de contratación da redacción do proxecto e execución das obras de construcción dunha pista polideportiva no centro cívico de Teis de Vigo.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo, dependencia: Participación Cidadá. Nº de expediente: 1941-320.

2. Obxecto do contrato: descrición: redacción do proxecto básico e de execución e posterior execución das obras de construcción dunha pista polideportiva aberta e cuberta e urbanización da parcela do centro cívico de Teis.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: redacción do proxecto: 2 meses e execución das obras: 7 meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 337.442 euros.

5. Garantías: provisionais: non se esixe.

6. Obtención da documentación información: Oficina de Información Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo C, subgrupo 6, categoría c.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 25 de novembro de 2003.

Mª Luisa Graña Barcia

Concelleira de Patrimonio