1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo, dependencia: Participación Cidadá. Nº de expediente: 1941-320.
2. Obxecto do contrato: descrición: dirección das obras de construcción dunha pista polideportiva cuberta e urbanización da parcela do centro cívico de Teis.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: 7 meses.
3. Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: 11.800 euros.
5. Garantía: provisional: non se esixe.
6. Obtención da documentación información: Oficina de Información Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.
8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.
Variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións.
11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.
12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.
Vigo, 25 de novembro de 2003.
Mª Luisa Graña Barcia
Concelleira de Patrimonio