Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 27-11-2003, os pregos de cláusulas administrativas particulares, o seu anexo e os pregos de prescricións técnicas que rexerán a contratación polo procedemento aberto, trámite de urxencia e sistema de concurso, da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Portomarín, durante o período de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publi
cación deste anuncio no BOP, de conformidade co establecido no artigo 122.1 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.
Título: redaccion do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Portomarín.
Anuncio de licitación de contrato de servicios.
Así mesmo e coa salvidade do disposto no artigo 122.2 do mesmo texto legal, anúnciase por medio desta resolución a contratación de:
Redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Portomarín.
1. Entidade adxudicatora.
1.1. Concello de Portomarín.
1.2. Dependencia no que se tramita o expediente: secretaría.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Portomarín.
2.2. Lugar de execución: termo municipal de Portomarín.
2.3. Prazo de execución: entrega do documento preparado para a súa aprobación definitiva, antes de xullo de 2007.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: importe total: 100.412,09 euros.
5. Garantías.
5.1. Provisional: 2% do orzamento de licitación.
5.2. Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
6.1. Entidade: Concello de Portomarín.
6.2. Domicilio: praza Condes de Fenosa, 1.
6.3. Localidade e código postal: Portomarín 27170.
6.4. Teléfono: 982 54 50 70. Fax: 982 54 51 04.
6.5. Data límite de obtención de documentos e información: día anterior hábil ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Presentación de ofertas.
7.1. Data límite de presentación: oito días naturais, desde o seguinte ó da publicación do extracto deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
7.2. Documentación que hai que presentar: a sinalada para o efecto no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.
7.3. Lugar de presentación.
7.3.1. Entidade: Concello de Portomarín (rexistro xeral ) de 10.00 a 14.00 horas. Admítense propostas
presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero o empresario deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos, anunciándolle ó concello a remisión da oferta mediante, fax, telex ou telegrama, no mesmo prazo. Igualmente serán admitidas aquelas que o efectúen en organismos regulamentariamente establecidos para o efecto, debendo efectua-la notificación anteriormente sinalada a este concello.
7.3.2. Domicilio: praza Condes de Fenosa, 1.
7.3.3. Localidade e código postal: Portomarín 27170.
7.4. Prazo durante o cal o licitador esta obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.
7.5. Admisión de variantes: si.
8. Apertura das ofertas.
8.1. Entidade: Concello de Portomarín.
8.2. Domicilio: praza Condes de Fenosa, 1.
8.3. Localidade: Portomarín.
9.4. Data: quinto día hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións (non coincidente en sábado).
9.5. Hora: 12.00 horas.
Portomarín, 24 de novembro de 2003.
O alcalde
Rubricado