Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

ANUNCIO de proposta de fixación de criterios de venda de parcelas no polígono industrial de Portomarín (II fase).

Parcela mínima: 500 m.

Prezo mínimo: 1,80 euros metro cadrado para empresas con compromiso de creación de polomenos dez postos de traballo.

Prezo normal: 6 euros metro cadrado para empresas con menos de dez postos de traballo.

Condicións: empresas que se comprometan á execución e inicio das obras nun prazo máximo de 36 meses desde a adquisición dos terreos e inicio da actividade unha vez finalizado o prazo de execución das obras e seis meses máis, se non os terreos reverterán a este concello.

Resto das condicións: o resto das condicións están expostas na secretaría deste concello.

Portormarín, 19 de novembro de 2003.

Eloy Rodríguez López

Alcalde