Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

No Diario Oficial de Galicia número 217, e no BOP número 219 con datas do 7 e do 12 de novembro respectivamente, publicouse un anuncio para a construcción dun aparcadoiro subterráneo e subseguinte explotación de obra mediante a xestión do servicio de estacionamento público de vehículos, sendo presentada unha reclamación co R.E. 8237 con data do 17 de novembro actual, por María del Carmen Casas Muñiz, en representación de Ideas Metro Cuatrado, S.L., de conformidade co artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril, das disposicións vixentes en materia de réxime local, queda suspendida a licitación pública, das obras arriba referenciadas, ata a data de resolución da alegación.

O Porriño, 20 de novembro de 2003.

Raúl Francés Rodríguez

Alcalde