Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión con data do 28 de outubro de 2003, aprobou o expediente de contratación polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración que ten por obxecto o arrendamento con opción de compra dun vehículo, para o Servicio Municipal de Vías e Obras.

1. Entidade adxudicadora,

a) Organismo: Concello de Bergondo (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: arrendamento con opción de compra dun vehículo para o Servicio Municipal de Vías e Obras, que inclúe os conceptos que figuran detallados no obxecto do anexo II -cadro de características do contrato do prego.

b) Lugar da entrega: Concello de Bergondo.

c) Prazo de entrega: un mes a partir da formalización do contrato administrativo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Total prezo do contrato: 38.600 euros.

-Arrendamento total: 33.600 euros, mediante mensualidades de 700 euros.

-Opción de compra: 5.000 euros.

5. Garantías.

Non se esixen.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral: Servicio de Contratación do Concello de Bergondo.

b) Domicilio: estrada da Coruña nº 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

c) Teléfono: 981 79 12 52.

d) Telefax: 981 79 42 33.

e) Data límite de obtención de documentos: ata as 13.00 horas do día sinalado como derradeiro para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

As empresas licitadoras terán incluído no seu obxecto social a modalidade de contrato de arrendamento con opción de compra, requisito necesario para acredita-la capacidade.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: quince días naturais, de 9.00 a 13.00 horas, contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: en dous sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, que conterán a documentación esixida na cláusula 9 e no anexo III do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que rexe esta contratación.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Bergondo.

d) Prazo de validez da oferta: 3 meses, contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar na sala de sesións deste concello, o quinto día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate de presentación das proposicións, ás 14.00 horas.

10. Gastos de anuncios.

Tódolos gastos correspondentes ó anuncios de licitación e adxudicación serán por conta do adxudicatario.

11. Exposición dos pregos.

Os pregos de cláusulas particulares e prescricións técnicas que rexen esta convocatoria quedan expostos ó público na Secretaría Xeral-Servicio de Contratación deste concello durante o prazo de oito días, para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986.

Bergondo, 3 de novembro de 2003.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente