Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO para a licitación do contrato de concesión de obra pública, en procedemento aberto mediante concurso con tramitación urxente, de parque eólico singular de titularidade municipal.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Barreiros.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría-intervención.

c) Número de expediente: eólico/2003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: concesión para a execución de obra pública e explotación de parque eólico singular de titularidade municipal do Concello de Barreiros.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Lugar de execución: Barreiros.

d) Prazo de execución, da concesión, desde a adxudicación ata o 31 de decembro de 2025; da obra, máximo un ano desde a autorización administrativa.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: canon anual da concesión que ten que satisface-lo adxudicatario, de acordo coa fórmula seguinte: C.A.=X%{0,8F-I/15-GF(80%I, 4,5%) 15 anos}; onde CA é o canon anual, X é a porcentaxe que propoñerá cada licitador, F é a facturación neta anual da explotación por venda de enerxía eléctrica, I é o invetimento sen IVE proposta polo licitador, e GF son os gastos financeiros, ou xuros obtidos considerando un préstamo a longo prazo do 80% do investimento sen IVE do proxecto a un tipo de xuro constante do 4,5% durante os quince primeiros anos da explotación do parque eólico; a partir da décimo sexta anualidade este termo será cero; cun mínimo anual de 30.000 euros, que o concesionario aboará en concepto de anticipo no mes de xullo de cada anualidade, procedendo durante o mes de xaneiro á liquidación definitiva da anualidade anterior e ó ingreso da cantidade resultante de lle restar ó canon anual calculado o anticipo realizado.

5. Garantía provisional: 41.685,33 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Barreiros.

b) Domicilio: rúa Vila, 63.

c) Localidade e código postal: San Cosme de Barreiros, 27790.

d) Teléfono: 982 12 40 02.

e) Telefax: 982 12 41 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: décimo terceiro día natural desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no DOG e BOP.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural seguinte ó da última publicación deste anuncio no DOG e BOP.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: secretaría, rexistro xeral.

c.1. Entidade: Concello de Barreiros.

c.2. Domicilio: rúa Vila, 63.

c.3. Localidade e código postal: San Cosme de Barreiros, 27790.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Barreiros.

b) Domicilio: rúa Vila, 63.

c) Localidade: San Cosme de Barreiros.

d) Data: terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: garantía definitiva, 4% do orzamento de execución.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Barreiros, 28 de novembro de 2003.

O alcalde

Rubricado