Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello na sesión celebrada o día 30 de outubro de 2003, tanto o prego de cláusulas administrativas particulares, como o prego de prescricións técnicas que rexerán o concurso por procedemento aberto, para adxudica-los traballos necesarios para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Arzúa, expoñense ó público nas oficinas municipais, por un prazo de oito días hábiles, para efectos de reclamacións, en cumprimento do disposto no artigo 122.1 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Transcorrido ó dito prazo sen presentación de reclamacións, e de conformidade co disposto no artigo 122.2 do refirido Real decreto lexislativo 781/1986, ábrese un período de licitación para proceder á dita adxudicación, se ben esta licitación se aprazará canto resulte necesario e así se fará público, no suposto de que se formulasen reclamacións contra os ditos pregos de condicións.

O contido do prego de cláusulas administrativas particulares é o seguinte:

1. Obxecto do contrato: a contratación polo sistema de concurso por procedemento aberto, mediante o trámite de urxencia, dos traballos de redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, coa documentación e contido que se definen na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no Regulamento de planeamento urbanístico, aprobado por Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, e no referido prego de cláusulas administrativas particulares.

2. Prazo de execución: fíxase en 16 meses, contados a partir do día seguinte ó que figure como data da sinatura do contrato.

3. Prezo do contrato: o importe desta contratación ascende á cantidade de 126.212,54 euros (IVE incluído).

Efectuándose o pagamento dos traballos a medida que se dea cumprimento ás fases de execución, previstos na cláusula duodécima do prego de cláusulas administrativas, e de acordo co financiamento a que se refire a cláusula cuarta do referido prego.

4. Revisión de prezos: non se procederá, en ningún caso, á revisión de prezos deste contrato, e por tanto, non se aplicará ningunha fórmula de revisión.

5. Capacidade para contratar: poderán concorrer por si ou por medio de representantes autorizados, os equipos multidisciplinares a que se refire o artigo 84.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro (de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia) que reúnan os requisitos do artigo 15 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

6. Presentación de proposicións: na secretaría do concello, durante o prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte a aquel no que rematara o prazo de oito días hábiles de exposición ó público, para reclamacións, deste prego de cláusulas administrativas que agora se expón no BOP e no DOG, desde as 9.00 ás 13.00 horas.

7. Modelo de proposición: irá incluída no sobre A oferta económica no cal figurará a denominación seguinte: «Proposición para tomar parte na contratación por concurso e procedemento aberto para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Arzúa».

O modelo é o seguinte:

«D... de estado... profesión... con domicilio en... e DNI nº..., actuando en nome propio (ou en representación de...), toma parte no concurso convocado polo Concello de Arzúa, e publicado no BOP nº... (ou no DOG nº...), de datas..., para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, e fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas administrativas, así como o prego de prescricións técnicas, e de cartografía, e comprométese a realiza-lo citado traballo con suxeición ás referidas cláusulas, no prezo de... euros (letra e número) (IVE 16% incluído).

O licitador (Lugar, data e sinatura)».

8. Outra documentación: no sobre B coa denominación: «Personalidade xurídica e xustificantes para tomar parte no concurso» e no sobre C coa denominación «Referencias técnicas», incluirase aquela documentación que figura indicada na cláusula novena do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Garantía provisional e definitiva: os licitadores constituirán unha fianza provisional de 2.524,25 euros, equivalente ó 2% do tipo de licitación.

O adxudicatario está obrigado a constituír unha garantía definitiva polo importe do 4% do orzamento de adxudicación.

As ditas garantías constituiranse na caixa da corporación, podendo constituírse en metálico, en aval bancario ou ben por calquera outra forma autorizada pola lei.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos que orixinen a publicación dos anuncios de licitación, así como os tributos que, se é o caso, pesen sobre o obxecto do contrato.

11. Criterios de selección: serán os previstos na cláusula décimo novena do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar nun acto público no salón de sesións da Casa Consistorial, ás once horas do terceiro día hábil seguinte ó que remate o prazo sinalado para a presentación de proposicións.

A mesa de contratación procederá á apertura das proposicións presentadas polos licitadores e, tras realizar o estudio destas, efectuará a correspodente proposta de adxudicación provisional; co que dará por rematado o acto, dispoñendo que as proposicións presentadas, e a acta que se levante para o efecto (contendo as observacións que se realizasen e a proposta de adxudicación) pasen á Comisión de Goberno, para que poidan adopta-lo acordo de adxudicación do contrato, o cal se efectuará dentro do prazo máximo de tres meses, contados desde a data de apertura de plicas.

Arzúa, 3 de novembro de 2003.

Xaquín García Couso

Alcalde