Entidade adxudicadora: Concello de Ames.
Obxecto do contrato: a realización das obras incluídas no proxecto de cubrición dunha pista polideportiva en Barouta.
Tramitación: normal.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Orzamento e tipo de licitación: 179.937,05 euros.
Prazo de execución: 5 meses e medio a partir da data da sinatura da acta de replanteo.
Garantías:
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
Clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría D.
Prego de cláusulas administrativas: de conformidade co disposto no artigo 122 do Decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, os citados pregos quedan expostos ó público durante o prazo de 8 días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para efectos de reclamacións.
Documentación: obtención de copias do proxecto e do prego de cláusulas administrativas particulares en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85.
Información: Concello de Ames (Negociado de Contratación). Teléfono: 981 88 30 02, fax: 981 88 39 2.
Presentación de ofertas: os licitadores poderán presenta-las proposicións nas oficinas da Casa do Concello de Ames, ata as 13.00 horas dos vinteseis
días naturais seguintes ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día para a presentación fose sábado ou festivo, o prazo prorrogarase automaticamente ata o día hábil inmediatamente posterior.
Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello, ás 12.00 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día fose sábado, abriranse o día hábil inmediatamente posterior.
Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Ames, 31 de outubro de 2003.
Carlos A. Fernández Castro
Alcalde