De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria (na súa redacción dada polo artigo 28.1º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de
medidas fiscais, administrativas e de orden social), e intentada a notificación ó interesado ou ó seu representante, sen que fora posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que se encontran pendentes de notifica-los actos o interesado e procedemento dos cales se especifican na relación que se xunta.
En virtude do anterior, dispoño que os suxeitos pasivos e obrigados tributarios indicados no anexo, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no boletín oficial que corresponda, en horario de 9.00 a 14.00 horas, nesta dependencia de recadación da delegación de AEAT de Zaragoza para o efecto de practica-la notificación do acto citado.
Lugar de comparecencia: delegación de AEAT de Zaragoza, rúa Albareda, 16, planta baixa mostrador nº 11.
Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non comparecer no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado.
Zaragoza, 15 de outubro de 2003.
Jorge Puyuelo Gros
Xefa da Dependencia Provincial de Recadación
de Zaragoza
ANEXO
NIF Nome ou razón social Expediente Procedemento
X1822227-Y Dos Santos César-Batista C1100002320029987 Providencia de constrinximento
X1822227-Y Dos Santos César-Batista C1100002320150382 Providencia de constrinximento
17245423-T Garmendia Molinero Mª Teres. C1100002320107933 Providencia de constrinximento
B0031269-D Tennant Europ BV sucursal en C1100003320051933 Providencia de constrinximento
B50659093 Transgofer Seguridad, S.L. C1100003150011766 Providencia de constrinximento