Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, para a contratación do aluguer de oito automóbiles para o organismo autónomo Augas de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: EC00103AG.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: aluguer de oito automóbiles para o organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Lugar de entrega: servicios centrais de Augas de Galicia.

c) Prazo de execución (meses): trinta e seis (36).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento corenta e sete mil oitocentos trinta e seis euros con dezaseis céntimos (147.836,16 euros).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95/981 54 45 58.

e) Telefax: 981 54 16 76.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º a) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño); a solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 19, alíneas b), c) e e) da mesma lei.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, ás 14.00 horas.

b) Documentación necesaria: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 29 de decembro de 2003.

e) Hora: 10.30 horas.

10. Outras informacións.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 19 de decembro de 2003, ás 10.30 horas, na sala de xuntas da Consellería de Medio Ambiente.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia